Comunicação e Cidadania Vol. 2 - A revista mais importante da mídia galega já está circulando na Europa. E aqui no RN, também. Você pode baixar aqui no blog Cultmidia o último exemplar dessa revista internacional de jornalismo social, editada em galego e inglês.
O tema desta edição é Juventude, Terceira Idade e Minorias Étnicas. 350 páginas. Veja a introdução escrita em galego:
"Os estudosos dos comportamentos sociais converxen en afirmar a existencia de cambios significativos nas relacións entre xeracións. Abundan en poñer ao descuberto problemas de carácter estrutural, organizativo e relacional que condicionan o entendemento entre as persoas maiores e o da xuventude. Para os medios de comunicación de masas, a problemática que afecta a estes dous grupos sociais non sempre ten un espazo acaído nas súas axendas, por telos excluído a priori como albo comercial preferente. Cando ocupan protagonismo mediático, fano como actores principais dun suceso, problematizados ou criminalizados. Nunca integrados como activos sociais. Os medios contribúen así á malformación de actitudes interxeracionais. Un terceiro Foro centrouse nas minorías étnicas e nas actitudes de medios e xornalistas fronte a elas. O fenómeno europeo da inmigración, en xeral, ou a abordaxe da problemática que ten a súa raíz nos comportamentos xenófobos e na intolerancia para cos que se amosan eson diferentes, demandan dos medios de comunicación un tratamentoespecializado. Non só polo que esa práctica comporta en coñecementos acerca dos colectivos que posúen características diferenciadoras e xa que logo diferentes intereses. Tamén actitudes profesionais que teñen como referencia inexcusable o valor solidario dasnoticias que os convirten en protagonistas. Lonxe pois das xeneralizacións, dos maniqueísmos e da simplificación habituais, e mantendo unha clara militancia a prol dos valores da multiculturalidade, que a todos enriquece."
0 comments