Professores da UFRN ministram curso na Espanha

Posted by admin 24 de out. de 2011


(Texto em língua galega, uma língua ibero-românica ocidental de caráter oficial na Comunidade Autónoma da Galiza, falada também nas Astúrias, Castela e Leão e pela diáspora galega, localizada principalmente na Argentina, Brasil, Cuba ou Uruguai.) 
A telenovela enche de melodrama os cines brasileiros
Así o constatan os expertos Maria Erica Oliveira e Sebastiao Guilherme Albano en CCSS e da Comunicación. O éxito do xénero entre o público fai que a industria, de iniciativa privada, produza películas desa temática. A telenovela A esclava Isaura foi unha das producións audiovisuais de máis éxito de Brasil, “exportándose a máis de 80 países de todo o mundo”. Con este exemplo, os profesores brasileiros Maria Erica Oliveira e Sebastiao Guilherme Albano, da Universidade Federal de Rio Grande do Norte, describiron o panorama da produción audiovisual do país carioca, “cun cinema moi comercial e publicitario, influenciado en gran medida polos altos índices de audiencia que logran as emisións das telenovelas na televisión”. Por iso, o melodrama é o xénero principal das películas brasileiras.
Bea Feijoo | PontevedraA telenovela A esclava Isaura foi unha das producións audiovisuais de máis éxito de Brasil, “exportándose a máis de 80 países de todo o mundo”. Con este exemplo, os profesores brasileiros Maria Erica Oliveira e Sebastiao Guilherme Albano, da Universidade Federal de Rio Grande do Norte, describiron o panorama da produción audiovisual do país carioca, “cun cinema moi comercial e publicitario, influenciado en gran medida polos altos índices de audiencia que logran as emisións das telenovelas na televisión”. Por iso, o melodrama é o xénero principal das películas brasileiras. 
Convidados polos profesores Anna Amorós e Xosé Baamonde, do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, os expertos relataron ao alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación que as pezas feitas para cine “están cargadas de dramatismo, consecuencia de que moitos directores de telenovelas se pasaron ao sétimo arte”, explicou Oliveira. Así, as temáticas que triúnfan son as comedias románticas e os dramas psicolóxicos ou familiares. Soen ter unha estética semellante ás sitcoms televisivas “tanto no encadre como no tipo de luz empregada, na forza das interpretacións...” e unha maior duración.
Un negocio máis
Unha das principais causas que xustifica que o cinema brasileiro “se reduza ao melodrama” é que toda a industria audiovisual do país pertence ao ámbito privado, “polo que unicamente se arriscan a producir aquelas películas que atraian público e se traduzan en diñeiro”. Neste contexto, o Estado brasileiro “mantense ao marxe, non achega ningún financiamento, o que provoca que a iniciativa particular e o interese de lucro manden nunha industria”, engadiu Albano, no que é inexistente a vertente cultural e identitaria.Ante esta situación os dous profesores teñen unha visión diferente. Mentres que Sebastiao Guilherme Albano amosouse pesimista ante o vixente panorama audiovisual co apoio dunha crítica que non avala a este tipo de cine “que o infantiliza e o reduce á mínima expresión”, Maria Erica Oliveira sinalou que un xénero que goza do beneplácito do público “é democrático” e supón uns importantes beneficios que para a industria e para o país “sempre que sexan producións propias”. Para Oliveira, os melodramas brasileiros teñen “unha excelente calidade”, moitas veces infravalorados “polos prexuízos con respecto á temática empregada”. Pero os expertos recoñeceron que, grazas a este cine “pouco profundo”, as producións brasileiras están logrando unha maior presenza internacional, sendo seleccionadas para os principais festivais, como ocorreu coas películas Cidade de Deus ou Estación Central.
O Cinema Novo
Albano, moito máis crítico co cine actual, preferiu lembrar tempos mellores remontándose á década dos 60 co Cinema Novo, “unha tentativa estética importante que logrou o recoñecemento internacional a pesar da súa brevidade temporal”. Con poucos medios de produción ao seu alcance, os directores da época “optaron por un realismo case naturalista para amosar os problemas sociais e políticos que vivía o país por aquel entón”.

0 comments

Postar um comentário

    Arquivo

    Cultmidiáticos